Concerto de Carlos Bau & 80 Razones
O próximo venres 8 de xullo acollemos nas Somozas o concerto de Carlos Bau & 80 Razones! Achegádevos á Praza do Concello ás 22:30 horas a gozar de "Los Grandes Éxitos del Pop Español". Agardámosvos!
O próximo venres 8 de xullo acollemos nas Somozas o concerto de Carlos Bau & 80 Razones! Achegádevos á Praza do Concello ás 22:30 horas a gozar de "Los Grandes Éxitos del Pop Español". Agardámosvos!
Informamos do horario de verán do Complexo Multiusos das Somozas: - Horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas. - Horario de tarde de 18:00 a 21:00 horas. Os sábados e domingos o centro permanecerá pechado.
O Concello de As Somozas pon en coñecemento da súa veciñanza a través dun bando municipal o período de apertura das piscinas municipais desde o 27 de xuño ata o 18 se setembro en horario de 14.30 a 20.30 horas de luns a domingo. As persoas aboadas ao pavillón Municipal terán acceso gratuíto á piscina [...]
Este venres, 17 de xuño, a partir das 17:00 horas, celebrarase a festa de fin de curso para os máis pequenos. O Complexo Multiusos das Somozas acollerá a celebración na que haberá inchables e merenda. Trátase dunha actividade dirixida aos usuarios e usuarias do complexo e ao alumnado do CEIP O Marbán. Agardámosvos!
Publicado o prego para a explotación da cantina da piscina municipal situada na área recreativa do Carballo e a instalación dos elementos necesarios para o correcto desenvolvemento do contrato. O prazo de presentación de ofertas xa está aberto e rematará o próximo martes 21 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse no Rexistro do Concello ou, [...]
O vindeiro xoves, 16 de xuño, chega ao Concello das Somozas o 1º Curso de Verán Enerxías Renovables: achegando o Campus Industrial de Ferrol á súa contorna. En colaboración coa Universidade da Coruña e o Campus Industrial de Ferrol, a iniciativa está dirixida a empresas da contorna e ao público en xeral. Agardámoste ás 20:00h [...]
Abre o prazo de inscrición para o campamento SOMOZASTECH, impulsado polo Concello das Somozas e SOGARISA. Trátase dun campamento de ocio, programación e robótica, que se desenvolverá entre o 4 e o 22 de xullo, para mozos e mozas do municipio de entre 4 e 15 anos. Ademais, a actividade tamén estará dirixida para o [...]
O programa ofrecerá servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores do municipio na praza do Concello. É totalmente de balde e pódese acodir tanto ós tres servizos, como a dous ou a soamente un. Solicita a túa cita previa no 622 748 283, no 623 546 992 ou en [...]
O Concello das Somozas convoca axudas para apoiar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros. Preténdese un dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a natalidade como medida complementaria de apoio ás familias e, por outro lado, a fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas tanto para as nenas e nenos nados entre o [...]
Desde o Concello das Somozas e a Asociación de Empresarios das Somozas lamentamos comunicar que, por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de aprazar a Xornada do Medio Ambiente que estaba programada para o vindeiro venres 3 de xuño. Rogamos nos desculpedes polas molestias ocasionadas e informaremos sobre futuros cambios acerca desta data.