Abre o prazo de inscrición para o campamento SOMOZASTECH, impulsado polo Concello das Somozas e SOGARISA.

Trátase dun campamento de ocio, programación e robótica, que se desenvolverá entre o 4 e o 22 de xullo, para mozos e mozas do municipio de entre 4 e 15 anos. Ademais, a actividade tamén estará dirixida para o alumnado do CPI O Marbán.

As inscricións poderán formalizarse en: www.tech-academy.eu/somozas

Actividade completamente de balde.

Campamento TECH Somozas 2022 red