O Concello de As Somozas pon en coñecemento da súa veciñanza a través dun bando municipal o período de apertura das piscinas municipais desde o 27 de xuño ata o 18 se setembro en horario de 14.30 a 20.30 horas de luns a domingo.

  • As persoas aboadas ao pavillón Municipal terán acceso gratuíto á piscina descuberta, para elo deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.
  • As persoas aboadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón Multiusos o cal terá horario de 10.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas de luns a venres.
  • As novas inscricións deberán tramitarse na casa do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas.

As tarifas para as persoas non aboadas no pavillón multiusos serán as seguintes:

  • Entrada individual diaria de adultos: 2,50€
  • Entrada indiavidual diaria de nenos (ata 14 anos inclusive): 1,30€
  • Abono mensual adultos: 25,00€
  • Abono mensual nenos: 20,00€
  • Abono familiar mensual: 40,00€