Desde o Concello das Somozas e a Asociación de Empresarios das Somozas lamentamos comunicar que, por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de aprazar a Xornada do Medio Ambiente que estaba programada para o vindeiro venres 3 de xuño.

Rogamos nos desculpedes polas molestias ocasionadas e informaremos sobre futuros cambios acerca desta data.