O vindeiro xoves, 16 de xuño, chega ao Concello das Somozas o 1º Curso de Verán Enerxías Renovables: achegando o Campus Industrial de Ferrol á súa contorna.

En colaboración coa Universidade da Coruña e o Campus Industrial de Ferrol, a iniciativa está dirixida a empresas da contorna e ao público en xeral.

Agardámoste ás 20:00h no Salón de Plenos do concello, onde poderás asistir á charla “Enerxía solar e eficiencia enerxética”, impartida por Antonio Enrique Masdías Bonome, da Universidade da Coruña.