window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

artabracom

Acerca de Ártabra Comunica

Este autor no presenta ningún detalle.
Hasta ahora Ártabra Comunica ha creado 636 entradas de blog.

A piscina descuberta de As Somozas permanecerá aberta ata o 18 de setembro

2022-06-29T17:41:53+02:00Noticias|

O Concello de As Somozas pon en coñecemento da súa veciñanza a través dun bando municipal o período de apertura das piscinas municipais desde o 27 de xuño ata o 18 se setembro en horario de 14.30 a 20.30 horas de luns a domingo. As persoas aboadas ao pavillón Municipal terán acceso gratuíto á piscina [...]

Chega a festa de fin de curso ao Concello de As Somozas

2022-06-16T10:06:15+02:00Eventos, Noticias|

Este venres, 17 de xuño, a partir das 17:00 horas, celebrarase a festa de fin de curso para os máis pequenos. O Complexo Multiusos das Somozas acollerá a celebración na que haberá inchables e merenda. Trátase dunha actividade dirixida aos usuarios e usuarias do complexo e ao alumnado do CEIP O Marbán. Agardámosvos!

Prego de cláusulas para a adxudicación da xestión da cantina da piscina municipal durante a temporada de verán 2022

2022-06-14T13:07:24+02:00Noticias|

Publicado o prego para a explotación da cantina da piscina municipal situada na área recreativa do Carballo e a instalación dos elementos necesarios para o correcto desenvolvemento do contrato. O prazo de presentación de ofertas xa está aberto e rematará o próximo martes 21 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse no Rexistro do Concello ou, [...]

1º Curso de Verán Enerxías Renovables: Achegando o Campus Industrial de Ferrol á súa contorna

2022-06-07T16:31:45+02:00Noticias|

O vindeiro xoves, 16 de xuño, chega ao Concello das Somozas o 1º Curso de Verán Enerxías Renovables: achegando o Campus Industrial de Ferrol á súa contorna. En colaboración coa Universidade da Coruña e o Campus Industrial de Ferrol, a iniciativa está dirixida a empresas da contorna e ao público en xeral. Agardámoste ás 20:00h [...]

Aberto o prazo de inscrición para SOMOZASTECH

2022-06-06T14:08:13+02:00Noticias|

Abre o prazo de inscrición para o campamento SOMOZASTECH, impulsado polo Concello das Somozas e SOGARISA. Trátase dun campamento de ocio, programación e robótica, que se desenvolverá entre o 4 e o 22 de xullo, para mozos e mozas do municipio de entre 4 e 15 anos. Ademais, a actividade tamén estará dirixida para o [...]

A iniciativa ‘Coidados porta a porta’ chega ao Concello das Somozas os vindeiros días 20, 21 e 22 de xuño

2022-06-03T14:03:12+02:00Noticias|

O programa ofrecerá servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores do municipio na praza do Concello. É totalmente de balde e pódese acodir tanto ós tres servizos, como a dous ou a soamente un. Solicita a túa cita previa no 622 748 283, no 623 546 992 ou en [...]

O Concello convoca axudas para apoio á natalidade con achegas de ata 3.000 euros

2022-05-30T17:34:23+02:00Noticias|

O Concello das Somozas convoca axudas para apoiar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros. Preténdese un dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a natalidade como medida complementaria de apoio ás familias e, por outro lado, a fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas tanto para as nenas e nenos nados entre o [...]

Aprazada a Xornada do Medio Ambiente

2022-05-28T12:48:46+02:00Noticias|

Desde o Concello das Somozas e a Asociación de Empresarios das Somozas lamentamos comunicar que, por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de aprazar a Xornada do Medio Ambiente que estaba programada para o vindeiro venres 3 de xuño. Rogamos nos desculpedes polas molestias ocasionadas e informaremos sobre futuros cambios acerca desta data.

Unha unidade móbil de doazón sanguínea chegará Ás Somozas o vindeiro 26 de maio

2022-05-18T11:48:51+02:00Noticias|

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chegará ao noso concello o vindeiro xoves, día 26 de maio. Estará dispoñible en horario de 16:00 a 21:00 horas diante da casa consistorial. Para poder realizar doazóns é necesario levar tarxeta de doante, DNI ou documentación similar.

A Escola de Seixas acollerá a Festa dos Maios o vindeiro 21 de maio

2022-05-13T17:44:13+02:00Noticias|

O vindeiro sábado 21 terá lugar a Festa dos Maios na Escola de Seixas. A sesión de mañá comezará ás 11:00 horas coa realización do tradicional maio. Lembrade traer material para crear o maio: fiuncho, xestas ou outro verde, flores, mondas de laranxa Pola tarde, apartir das 17:00 horas, haberá obradoiros de elaboración de produtos [...]

Ir a Arriba