O sábado, 10 de setembro, terá lugar a Xornada de Xogos Tradicionais organizada pola Asociación de Veciños de Santa María de Seixas e na que colabora o Concello das Somozas. Será a partir das 17:00 horas na Escola de Seixas.

Ese día contaremos con xogos para nenos, adultos e competicións entre veciños. Teremos con nós a asociación de xogos tradicionas de Miumenta, XOTRAMU, que se adica á recuperación e posta en valor de xogos tradicionais galegos. Tamén haberá actuación do grupo musical No Cómbaro, ademais de petiscos para os asistentes. E teremos carpa por se chove!

A inscrición é obligatoria e hai de prazo ata o mércores 7 de setembro. Os e as interesadas deberán inscribirse no teléfon 618 07 53 09, sendo unha actividade de balde para os socios e cun custo de 2€ para os non socios.

Esperámosvos!