O Centro Cívico Sociocultural de As Somozas acollerá o vindeiro martes, 28 de outubro, a xornada de presentación do proxecto ActivaVerde.
O acto dará comezo a partir das 18:30 horas e será unha xornada para coñecer o plan de apoio para a recualificación profesional e a inserción laboral da poboación afectada pola transición enerxética na Coruña.
Este proxecto ten o obxectivo de paliar as repercusións económicas e sociais derivadas da transición, en particular no que se refire á perda de postos de traballo prevista polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes na Coruña, así como a xerar emprego de calidade.
Podes consultar a súa páxina web para obter máis información: https://activaverde.gal/activa-verde/