O vindeiro venres, 24 de outubro, poderedes gozar da narración oral ‘Tralará, contos, obxectos e música’ de Marta Ortíz. 

A actuación terá lugar de 12:00 a 12:45 h no Centro Cívico Sociocultural das Somozas. A entrada será de balde ata completar capacidade. 

Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. O ritmo que emana do propio contar, de lingua.

Este contacontos, apto para público de 0 a 10 anos anos, forma parte da iniciativa Rimas e Letras do programa Ler Conta Moito.