O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro 11 de agosto a actividade ‘Teatro ó Cubo | Ghop!’, a partir das 21.00 horas.

Ghop! é un espectáculo de teatro de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Unha proposta con estética clásica que busca homenaxear aos circos ambulantes que durante moito tempo percorreron as prazas dos pobos e as aldeas. Ghop! ofrece malabares, monicreques, acrobacias, maxia e elementos propios do show de variedade. Un espectáculo de Teatro ó Cubo para todos os públicos.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).