O vindeiro venres, 26 de xuño, ás 11:00 h, o Centro Cívico Sociocultural acollerá o taller de “Decora a túa bolsa”, unha actividade de sensibilizacion e formación sobre a violencia de Xénero.
No obradoiro facilitaranse bolsas, rotuladores especiais e debuxos preimpresos para poder realizar as decoracións. Ademas, realizarase a proxeción dun vídeo, de hora y media de duración aproximadamente, que tratará e concienciará aspectos sobre a violencia de Xénero. Este taller ofrece ferramentas de sensibilizacion e formación, deseñadas para indentificar, previr e erradicar as violencias machistas.
A actividade vai dirixida a tipo de públicos e as persoas participantes poderán recoller, nos vindeiros días no Centro Cívico, agasallos como pulseiras de cores e abanos conmemorativos ou gafas para poder desfrutar do eclipse.
Esta actividade está cofinanciada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Concello das Somozas.

