Rematado o prazo de inscrición para a Campaña de Neve 2025 da Deputación da Coruña, e en cumprimento das bases reguladoras da convocatoria, comunícase a todas as persoas interesadas que o xoves, 5 de decembro, ás 10:00 h, terá lugar no Salón de Pleno Municipal o sorteo público das 3 prazas adxudicadas ao Concello das Somozas, así como a orde das persoas suplentes.
Lembramos que ao Concello das Somozas correspóndelle participar na terceira quenda, do 24 ao 27 de xaneiro e na actividade.
Máis información aquí, chamando ao 981 080 319 ou no email de contacto [email protected]