Abre o prazo de inscrición para o campamento SOMOZASTECH, impulsado polo Concello das Somozas e Sogarisa.

  • Os campamentos son de balde e están subvencionados polo Concello das Somozas e o Grupo Rodonita (Sogarisa).

  • Datas: do 3 ao 28 de xullo, de 10:00 a 14:00h

  • Están dirixidos á rapazada empadroados/as e/ou veciños/as do Concello das Somozas, así como aos pertencentes ao Grupo Rodonita (Sogarisa), con idades comprendidas entre os 4 y e os 15 años.

  • Haberá servizo de madrugadores, con entrada de 9:00 a 10:00 h. 

  • Durante cada xornada haberá 20 minutos para un pequeno descanso no que a rapazada poderá gozar dunha merenda/media mañá que deberán traer de casa.

  • O prazo límite para formalizar a inscrición é o 23 de xuño.

  • Actividade completamente de balde.

As inscricións poderán formalizarse aquí.

Máis info aquí