O Concello das Somozas ven de sumarse á campaña DE FRONTE á Violencia de Xénero que puxo en marcha a Deputación da Coruña.

https://defronte.gal/proxecto/

Hai diversas actividades nas que se pode participar:


Contacontos en aberto do 23 ao 29 de novembro

“Contos de nenas grandes e pequenas” é unha produción de Marta Ortiz e Brais das Hortas, na que por medio da narración oral e a música, nos achegan historias de nenas diversas pero cunha voz propia:

https://defronte.gal/portfolio/contos-de-nenas-grandes-e-pequenas/


Desafío poético

Un concurso de poemas a través das contas de facebook e twitter:

  • Concurso aberto a toda a poboación da provincia da Coruña.
  • Aberto desde o 4 até o 26 de novembro.
  • Bases para a participación: PDF

Con esta iniciativa procuramos facer da rima e das redes un espazo de reivindicación fronte á violencia de xénero empregando a fórmula do concurso. Desenvolverase en Facebook e Twitter, entre o 4 e o 26 de novembro, apelando á participación de toda a poboación da provincia da Coruña, para amplificar a mensaxe que a Deputación quere lanzar este 25 de novembro: Eu tamén miro DE FRONTE á violencia de xénero. 

O desafío consiste en compartir en Facebook ou Twitter unha publicación onde leas, recites, cantes ou amoses un texto poético da túa creación (ou elección) engadindo á túa publicación os cancelos #DeFronte e aquel que corresponda á categoría da túa idade: #DesafioInfantil (de 3 a 12 anos);  #DesafioXuvenil (de 13 a 19 anos) ou #DesafioAdultas (de 20 anos en diante).

Repartiranse tres premios, un por cada categoría, que consistirá nun bono de 60 euros para gastar nunha libraría da provincia da Coruña.

Podes atopar toda a información e as bases completas nesta ligazón: https://defronte.gal/wp-content/uploads/2020/10/Desafio-Bases-1.pdf