O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro 18 de agosto a actividade ‘Silbarda, foliadas e cantos de taberna’, a partir das 20.00 horas.

Interpretación de pezas tradicionais que eran habituais nas reunións en tabernas, romarías e celebracións familiares. Son obras instrumentais ou ben cantadas, con acompañamento de gaitas, percusión tradicional, violín e violoncelo. En relación coa influencia da mina e central das Pontes, ao repertorio tradicional engádense tamén pezas populares irlandesas ou inglesas que eran populares entre os mineiros desas zonas.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).