A parroquia de Seixas prepárase para celebrar a festividade de San Xoán o sábado, 27 de xuño, cunha xuntanza especial organizada pola Asociación de veciños de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas.
A xornada arrincará ás 21:00 horas no Campo da Festa de Seixas co inicio da cea, que, nesta ocasión, contará cun menú composto por empanada, churrasco (porco, polo, chourizo criollo e vermello e panceta), patacas e postre. A cea terá un custo de 18 euros para os socios e 23 euros para as persoas non socias. Para a rapazada menor de 10 anos será de balde.
Seguindo as tradicións desta festividade haberá tamén fogueira e música en directo a cargo de Mery.
Aquelas persoas que estean interesadas en sumarse á cea deberán facer a súa reserva, antes do 20 de xuño, a través do número de teléfono 619 87 82 22.