window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

PROGRAMACIÓN DO CENTRO CÍVICO DO 3 AO 8 DE ABRIL

LUNS, 3 DE ABRIL

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer documentos.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 10. Data límite de inscrición 1 de Abril.

16:00 -18:00 TALLER DE PATCHWORK, COSTURA CREATIVA

Coser nunca foi tan divertido ata que chegou o patchwork.

Dirixido a adultos.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no centro cívico. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

A actividade realizase a partir de Marzo a Abril.

17:00 -18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS DE CARTAS

Ven a pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

18:00 -20:00 TALLER DE PATCHWORK, COSTURA CREATIVA

Coser nunca foi tan divertido ata que chegou o patchwork.

Dirixido a adultos.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no centro cívico. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

A actividade realizase a partir de Marzo a Abril.

MARTES, 4 DE ABRIL

11:00 A 12:30 TALLER XADREZ, APRENDE A XOGAR COMO UN PROFESIONAL

O bo xogador sempre ten sorte. (J. R. Capablanca).

Dirixido a todo o público.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición 3 de Abril.

17:00 -18:30 TALLER: INICIAIS CON FILIGRANAS DE COR (PARTE 3)

Crea a túa inicial personalizada para adornar o teu espazo preferido.

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 10. Data límite de inscrición 3 de Abril.

MÉRCORES, 5 DE ABRIL

11:00 A 12:30 TALLER: CREANDO UN ÁLBUM DE FOTOS EN LIÑA PARA IMPRIMIR

Inspírate nos mellores recordos para crear un detalle espectacular.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición 4 de Abril.

17:00-18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchillo, bordado a man…

Para todos os públicos. Non precisa inscrición.

XOVES, 6 DE ABRIL

O Centro Cívico das Somozas permanecerá pechado por ser día festivo.

VENRES, 7 DE ABRIL

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

O Centro Cívico das Somozas permanecerá pechado por ser día festivo.

SÁBADO, 8 DE ABRIL

O Centro Cívico das Somozas permanecerá pechado por ser día festivo.

 

Ademais de estas citas, a veciñanza poderá desfrutar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.

2023-03-31T12:08:03+02:00Noticias|

Comparte esta información en tu red favorita!

Go to Top