window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

PROGRAMACIÓN DO CENTRO CÍVICO DO 27 AO 31 DE MAIO

  • LUNS 27 DE MAIO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

11:30 – 13:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

 

17:00 – 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDA DE CARTAS

Ven a pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

 

  • MARTES 28 DE MAIO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 – 18:30 TALLER INFANTIL: VACIABOLSILLOS CO PINZAS DE MADEIRA

Unha oportunidade perfecta para explorar unha ampla variedade de ideas combinando as pinzas de madeira con outros elementos.

Dirixido a idades de 5 a 12 anos.

 

17:00 – 18:00 COÑECE A AXENCIA, ENTRA NA REDE

Queres saber como funciona a rede da Axencia de Lectura das Somozas? Trátase dunha actividade para que descubras como se organiza a colección das bibliotecas e podas atopar facilmente o que buscas, tanto físicamente na Axencia de Lectura como virtualmente no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Dirixido a idades de 12 a 101 anos.

 

18.30 – 19:30 COÑECE A AXENCIA, ENTRA NA REDE

Queres saber como funciona a rede da Axencia de Lectura das Somozas? Trátase dunha actividade para que descubras como se organiza a colección das bibliotecas e podas atopar facilmente o que buscas, tanto físicamente na Axencia de Lectura como virtualmente no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Dirixido a idades de 5 a 12 anos.

 

  • MÉRCORES 29 DE MAIO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

11:30 A 13:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

 

17:00 A 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchillo, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

17:00 A 19:00 CONTACONTOS PARA NENOS DE ATA 8 ANOS

Un punto de encontro onde os máis pequenos poden desfrutar dunha tarde moi especial.

Dirixido a nenos de entre 0 e 8 anos. Os nenos entre 0 e 5 anos deben ir acompañados e o seu horario é de 17:00 a 17:45, mentres que o horario dos nenos entre 5 e 8 anos  é de 18:00 a 18:45.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

 

  • XOVES 30 DE MAIO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA: A TÚA MANDALA PREFERIDA 

Esperta os teus sentidos mediante o arte das mandalas.

Dirixido a adultos. Non precisa inscrición.

 

18:30 – 20:00 INGLÉS CONVERSACIÓN BÁSICO

Dirixido a rapaces a partir de 12 anos e a persoas adultas.

Para todos os públicos. Nº de prazas: 10.

 

  • VENRES 31 DE MAIO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

11:30 – 13:00 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, facer trámites, etc…

Dirixido a adultos. Nº de prazas: 12.

 

18:30 – 20:00 TALLER DE MANUALIDADES CON REXILLA

Unha oportunidade perfecta para aprender a coñecer os diferentes tipos de usos coa rexilla.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

 

18:00 – 20:00 CLUB DE LECTURA

Dentro das actividades da Axencia de Lectura municipal das Somozas, é unha actividade perfecta para que cada mes todas as persoas inscritas podan ler o mesmo libro e reunirse o último venres para comentalo.

 

20:00 SESIÓN DE CINE: QUIEN A HIERRO MATA

Recomendada para público maiores de 16 anos e enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, é unha sordida historia de narcotraficantes protagonizada por Luis Tosar e ambientada en Galicia.

 

Ademais destas citas, a veciñanza poderá desfrutar de luns a sábado dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.

2024-05-24T14:40:06+02:00Noticias|

Comparte esta información en tu red favorita!

Go to Top