Unha semana máis, a programación do Centro Cívico das Somozas vén cargada de actividades para todas as idades. Botádelle un ollo!

Luns, 24 de outubro

11:00 a 12:30 horas – Curso: Aplicacións móbiles de deporte e benestar.

17:00 a 18:30 – Taller: Cabaciñas de tea

Martes, 25 de outubro

11:00 a 12:30 – Curso: Mercando en Internet

17:00 a 18:30 – Taller faino ti mesmo: Zombies e outros monstruos

Mércores, 26 de outubro

11:00 a 12:30 – Vende por Internet o que xa non necesitas (Wallapop e Milanuncios).

17:00 a 18:30 – Tempo de lecer: Compartindo as túas labores

Xoves, 27 de outubro

11:00 a 12:30 – Taller: Aplicacións móbiles para aprender idiomas

17:00 a 18:30 – Taller de pintura: A túa mandala preferida

Venres, 28 de outubro

11:00 a 12:30 – Mañás de xogos de mesa

18:00 a 20:00 – Baile de disfraces

Sábado, 29 de outubro

11:00 a 13:00 – Mañás en familia: Oito patas (Contacontos + Pintacaras)

Ademais das actividades, toda a veciñanza poderá gozar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.