LUNS, 27 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer documentos…

Dirixido a adultos.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no Centro Cívico. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A actividade realizarase de febreiro a marzo.

17:00 A 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS DE CARTAS

Ven pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

MARTES, 28 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 TALLER DE XADREZ, APRENDE A XOGAR COMO UN PROFESIONAL

Un bo xogador sempre ten sorte (J. R. Capablanca)

Para todos os públicos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 27 de febreiro.

17:00 A 18:30 TALLER: SANDÍA ORGANIZADORA DE ESCRITORIO

Organiza todo o teu material escolar reciclando un pouco de cartón

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 27 de febreiro.

 

MÉRCORES, 1 DE MARZO

11:00 A 12:30 EXERCICIOS SINXELOS PARA ADESTRAR AS TÚAS NEURONAS

Exercitemos as habilidades que veñen afectadas co paso do tempo

Dirixido a persoas adultas.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 28 de febreiro.

17:00 A 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro no que compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, gancho, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

XOVES, 2 DE MARZO

11:00 A 12:30 TALLERES DE ESTIRAMENTOS PARA MELLORAR A MOBILIDADE ARTICULAR

É a nosa responsabilidade coidar do noso corpo.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 1 de marzo.

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA: A TÚA MANDALA PREFERIDA

Esperta os teus sentidos mediante a arte das mandalas.

Dirixido a persoas adultas.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 1 de marzo.

 

VENRES, 3 DE MARZO

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer trámites …

Dirixido a persoas adultas.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no Centro Cívico. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A actividade realizarase de febreiro a marzo.

17:00 A 18:30 TALLER: A GALIÑA COSTURERA

Ti elixes que queres que sexa a túa galiña, un elemento decorativo, un alfiletero ou un costureiro completo.

Dirixido a persoas adultas.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 2 de marzo.

 

SÁBADO, 4 DE MARZO

11:00 A 13:00 MAÑÁS EN FAMILIA; TALLER DE CIENCIA DIVERTIDA

A imaxinación non ten límite e divertirse coa ciencia tampouco

Dirixido a familias con nenos e nenas.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 3 de marzo

 

Ademais das actividades, toda a veciñanza poderá gozar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.