O Concello das Somozas xa conta coa programación para os meses de xuño e xullo.
5 de xuño | Inauguración da exposición bibliográfica «Favoritos: El placer de leer»
O venres, 5 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá esta exposición dirixida a todos os públicos. A actividade terá lugar en horario de 18:00 a 20:00 horas.
5 de xuño | Obradoiro de Teatro das Somozas
O venres, 5 de xuño, o Centro Cívico Sociocultal albergará unha tarde chea de teatro e diversión co taller de teatro.
Haberá dúas quendas:
20:00 h. – Grupo de nenos e neas: “Brancaneves ou algo así”
20:30 h. – Grupo de adultos: “Ímonos de festa”
9 de xuño | Visita guiada ao arquivo municipal con motivo do Día Internacional dos Arquivos
O martes, 9 de xuño, a Casa Consitorial do Concello acollerá esta visita guiada e a todo o público para coñecer polo miúdo o arquivo municipal. A visita terá lugar en horario de 12:00 a 14:00 h. Para acudir a esta actividade será preciso realizar inscrición previa.
10 de xuño | Taller de formación para persoas usuarias da plataforma electrónica eBiblio
O mércores, 10 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá un taller de formación para persoas usuarias da plataforma electrónica eBiblio da Deputación da Coruña. A formación será en horario de 17:00 a 19:00 horas.
A formación será impartida polo persoal técnico da Biblioteca Provincial da Coruña e está destianda para maiores de 14 anos. As prazas son limitadas (15 prazas) polo que será preciso realizar inscrición previa.
Cada persoa participante poderá traer o seu propio smartphone, tablet ou portátil, ou empregar os propios da biblioteca.
12 de xuño | Ruta: seguindo a sabedoría dos curandeiros, por Tamara Roig
O venres, 12 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá este programa de lecturas aberto ao público a partir de 15 anos. A actividade será en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Esta actividade está enmarcada dentro da programación de ‘Ler Conta Moito’ e ofrece moita información sobre a Xunta de Galicia. Para acudir a esta actividade será preciso realizar inscrición previa.
16 de xuño | Actuación do grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música das Somozas.
O martes, 16 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá esta actuación especial a cargo do grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música das Somozas.
A xornada dará comezo a partir das 20:00 horas, con entrada libre a todo o público que desexe acudir, ata completar aforo.
23 de xuño | III Noite Meiga
O Concello das Somozas prepárase para celebrar a terceira edición da súa gran noite meiga, unha cita que busca dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada e combinar o entretemento familiar coa cultura galega nunha contorna natural única.
Esta edición celebrase o martes, 23 de xuño, na área recreativa do Carballo e inclúe propostas e unha programación de lecer para todas as idades
26 de xuño | Espectáculo musical infantil ‘Canta miña pedra, canta’ de Xoán Curiel e Charo Pita.
O venres, 26 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o espectáculo familiar ‘Canta miña pedra, canta’ de Charo Pita e Xoán Curiel. A función dará comezo ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.
Xoán Curiel e Charo Pita fan un tándem en escena cun divertido espectáculo teatral, para público infantil e familiar, con elementos de participación activa, narración oral e música en directo.
Dous etnógrafos atópanse nunha estación e diríxense á capital para dar unha conferencia acerca de Antonio Fraguas. Mentres esperan a chegada do tren, narrarán historias e contos populares, cantarán cantigas e descubriran o mundo deste autor. As cancións que se atopan neste espectáculo recollen a biografía de Fraguas e tamén os contos e cantigas populares recollidas polo escritor e cantadas ou narradas polo pobo ao longo dos séculos.
O obxectivo deste espectáculo, en galego, non é só que o público asistente coñeza devandito patrimonio dunha forma divertida, se non tamén que goce cantando e participando dos contos e cantigas nesta comedia teatral infantil e familiar.
Actividade enmarcada no programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CUIDEN).
24, 25, 26 de xullo | Festas na horna de Santiago Apóstol 2026
A tradicional festividade terá lugar durante os días 24,25 e 26 de xullo e contará coa actuación dalgunhas das mellores orquestras de Galicia. Proximamente anunciarase o cartel completo.
27 de xullo | Festa do neno 2026
Para rematar as festas tradicionais, o sábado 27 de xuño terá lugar a Festa do Neno 2026, onde a rapazda poderá desfrutar dunha xornada de xogos de todo tipo na área recreativa O Carballo.
E ademais, do 22 de xuño ao 8 de setembro, a rapazada de 3 a 12 anos poderá gozar do Centro de Ocio de Verán.
Este campamento, que se realizará en horario de 9:30 a 13:30 h, ofrece unha alternativa de ocio educativo que ten como obxectivo axuda á conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán. Inclúe xogos, arte, actividades ao aire libre e moito máis.
As familias interesadas deberán realizar inscrición previa.
