O Concello de As Somozas presenta a programación cultural para os meses de novembro e decembro.
As seguintes actividades programadas son:
8 de novembro | Samaín
O Centro Cívico a Garita acollerá este sábado, 8 de novembro, o Samaín organizado pola Asociación de veciños de Seixas.
O evento comezará ás 18:00 horas e a programación incluirá a charla-coloquio “O samaín escolar naceu nas Somozas”, da man de Rafael López Loureiro. Tamén haberá unha exposición de cabazas e celebraremos o concurso de cabazas talladas e o de postres.
Repartiranse, ademais, castañas asadas e chocolate quente a todas as persoas asistentes.
O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, 6 de novembro, chamando ao teléfono 619 87 82 22.
14 de novembro | Proxección do filme ‘¡Salta!’
O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o vindeiro 14 de novembro, partir das 20:00 horas, a proxección do filme ‘¡Salta!’.
Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. É o verán de 1989. Teo é futboleiro e un pouco traveso, Óscar un sabelotodo que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lida á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buracos de verme.
Película destinada para todos os públicos.
Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
16 de novembro | Obra de teatro ‘O mundo ao revés’
O Centro cívico A Garita acollerá o vindeiro 16 de novembro, a partir das 18:00 h, a obra teatral ‘O Mundo ao Revés’, da Asociación Cultural e Teatral de Pedroso.
Esta función, organizada pola Asociación de Vecinos de Seixas coa colaboración do Concello das Somozas, será de balde para as persoas socias e terá unha aportación de 2 euros para as persoas non socias.
As persoas interesadas deberán anotarse, antes do 15 de novembro, a través do teléfono 619 87 82 22.
O mundo avanza a un ritmo cada vez máis rápido, o cal, dis que é bo. Pero nesta comedia reflíctese que, ás veces, certos progresos resultan difíciles de entender. Esta obra mostra o asombro e o desacordo ante certas inxustizas que hoxe en día normalizamos. Matilde leva toda a súa vida traballando, malia os seus problemas de saúde, servindo con lealdade ao alcalde e súa dona, aos que admira. Pero de súpeto, entra nas súas vidas, mellor dito, na súa casa, unha persoa que de traballar entende pouco. A súa presenza vai cambialo todo ata o punto que, despois de asistir a esta representación, pensaremos que o mundo está ao revés.
21 de novembro | Obra de teatro ‘Crescend0’
O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o vindeiro 21 de novembro, a partir das 20.00 horas, a obra de teatro ‘Crescendo’ de Garrapete.
Esta obra teatral cómica e musical está destinada para todos os públicos. Os espectadores asisten ao que en aparencia será un concerto e pronto ven sorprendidos pola especial relación que teñen os dous protagonistas para acabar cantando, rindo e aplaudindo xunto a eles. E iso é o que farán dous extravagantes músicos: executar con precisión pezas musicais moi orixinais e por momentos poéticas, combinándoas coa marabillosa tolemia dos pallasos que saen a escena.
Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).
5 de decembro | Espectáculo ‘Unha volta no acordeón’
O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o 5 de decembro, partir das 20:00 horas, o espectáculo ‘Unha volta no acordeón’.
Acordeon 2.0 ofrecenos un percorrido musical por todo o mundo, dende o Tango Arxentino pasando por Brasil, Venezuela, Irlanda, Francia, Italia ,España e por suposto Galicia. Este dúo de acordeóns farannos desfrutar a todos os amantes de este instrumento durante aproximadamente 90 min de show.
Concerto destinado para todos os públicos.
Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.




