O Concello das Somozas xa conta coa programación cultural para os meses de febreiro e marzo.

Un total de seis actividades, serán as protagonistas dos vindeiros meses:

6 de febreiro | Teatro ‘The Show Moscón’, da compañía Galitoon

O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas a función teatral ‘The Show Moscón’.

A compañía de teatro Galitoon trae ao noso concello un circo de títeres ambulante presentado por un moscón gordo e rollizo que nos amosará os diferentes números do mundo da arte.

Espectáculo recomendado para todos os públicos.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).

13 de febreiro | Festa de Entroido

As Somozas celebrará no Pavillón Municipal a tradicional festa do Entroido o venres, 13 de febreiro.

A partir das 17:00 horas, as instalacións deportivas abrirán as súas portas para celebrar o concurso do Entroido. Ademais, haberá inchables, chocolatada, concursos e moita diversión.

O concello convoca, como cada ano, un certame de disfraces no que todas as persoas interesadas poden participar. As inscricións poderán presentarse presencialmente nas oficinas do rexistro do Concello, no Complexo Multiusos das Somozas ou a través da sede electrónica entre o luns, 2 de febreiro, e o luns, día 9, (ambos incluídos).

20 de febreiro | Concerto de acordeóns da Escola Municipal de música das Somozas

O venres, 20 de febreiro, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas será o escenario do grupo de acordeón da Escola Municipal de música.

A partir das 20:00 horas, dará comezo este concerto que recollerá as súas mellores pezas musicais.

27 de febreiro | Musical ‘La magia de los cuentos’

O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o venres, 27 de febreiro, o musical ‘La magia de los cuentos’.

A protagonista desta historia é Blanca, unha rapaza que pensa que os contos son cousa de nenos, polo que non quere que súa nai lle lea nignún máis. Non obstante, unha noite todo cambia, pois o seu libro favorito cobra vida e trasnporta a Blanca ao mundo dos contos, onde coñecerá a distintas personaxes e vivirá unha máxica aventura.

A partir das 20:00 horas, o público poderá descubrir as andanzas de Blanca.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).

6 de marzo | Teatro ‘Un fiambre, unha rosca e un cancán’

A Asociación Cultural Faiscas estará o venres, 6 de marzo, no Centro Cívico Sociocultural das Somozas coa súa función ‘Un fiambre, unha rosca e un cancán’.

A partir das 20:00 horas o público trasladarase á casa Dos Carballo, un pazo onde viven varias mulleres relacionadas familiarmente. Un día, o dono da casa aparece morto, polo que unha tenente da garda civil e a súa axudante se meten de incógnito na vivenda para resolver o crime.

Actividade incluida na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

13 de marzo | Teatro ‘Canta miña pedra, canta’

O venres, 13 de marzo, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas será o escenario da obra ‘Canta miña pedra, canta’.

A función rende homenaxe e pon en valor a figura de Antonio Fraguas a través de dous etnógrafos que, mentres esperan o tren, comezan a narrar e facer un repaso pola vida do mestre galego. Durante a función poderemos descubrir todo o traballo de campo de Fraguas.

O público poderá coñecer a biografía do célebre etnógrafo galego a partir das 20:00 horas.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).