A Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia ofrece prazas para o Programa de Apoio a Mulleres Desempregadas, sendo As Somozas unha das localidades onde terían prazas dispoñibles.
Esta iniciativa, impulsada en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, conta con fondos europeos NextGenerationEU.
O programa formará e orientará laboralmente a 100 mulleres desempregadas de zonas rurais e urbanas de distintas localidades das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. O obxectivo é mellora a súa empregabilidade e inserción laboral en empregos verdes e dixitais.
- Formación: 100% online, cursos de 25 a 100 horas e mínimo 2 cursos a realizar.
- Incentivos: 400 euros e unha tablet por participante.
- Obrigatorio: Residentes na comarca e dadas de alta na oficina de emprego.
Para máis información prema aquí
As persoas interesadas poderán inscribirse aquí.