O pasado venres, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acolleu a presentación do libro “Sombras que buscan luz”, de Rafael López Lourido.

O acto contou cunha gran afluencia de público e tivo unha marabillosa acollida entre a veciñanza.

“Sombras que buscan luz” é un proxecto de tres cartafois pensados para ser coloreados por todas as idades e que poden ser utilizados tamén como carpeta. O proxecto con figuras ten a súa orixe no  colexio das Somozas, onde naceu aquela unidade didáctica chamada “Siluetas para un teatro de sombras”.

Moitos parabéns, Rafael, polo teu gran traballo e por facernos reconectar coa nosa historia e pasado!