O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá este venres, 30 de maio, a partir das 20:00 horas, a presentación do libro ‘¿Cómo hacer de tu vida un desastre?’, da escritora galega Zaida Picos.

Unha novela romántica que fai entender ao lector que o pasado, case sempre, está demasiado presente e que algunhas decisións das que tomamos poden facer da nosa vida un completo desastre.

Actividades incluída dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia.