Abertas, ata o 23 de setembro, o prazo de preinscrición para a programación cultural 24/25 do Centro Cívico Sociocultural das Somozas.

Unha iniciativa con actividades culturais  para todas as idades.

 

  • Obradoiro de Teatro

O obxectivo final desta actividade é represesntar unha obra ante o público do municipio. Desenvolverase co alumnado xogos dramáticos, diferentes técnicas teatrais e de desenvolvemento corporal que se axeiten mellor ao obxectivo.

Obradoiro de teatro infantil: os luns, de 17:30 a 18:30 horas, para rapazada maior de 6 anos.

Obradoiro de teatro adulto: os luns, de 18:30 a 20:00 horas, para maiores de 16 anos.

 

  • Inglés

Terá como obxectivo conseguir coñecementos básicos do idioma inglés, empezando con palabras esenciais ata conseguir certa soltura. Centrarase inicialmente na parte gramatical para ir avanzando á parte oral.

Inglés adultos: os xoves, de 18:30 a 20:00 horas.

 

  • Informática

Esta actividade ten como obxectivo conseguir soltura no uso do ordenador e internet, así como aprender a usar os diferentes recursos das administracións de maneira online (SERGAS, Seguridade Social, Facenda, sedes electrónicas, uso do correo electrónico, paquete office, entre outros).

Informática para adultos: os venres, de 11:30 a 12:30 horas.

 

Preinscricións abertas ata o 23 de setembro no Centro Cívico Sociocultural.

Descarga a ficha de preinscrición na seguinte ligazón aquí.