Publicado o prego para a explotación da cantina da piscina municipal situada na área recreativa do Carballo e a instalación dos elementos necesarios para o correcto desenvolvemento do contrato.

O prazo de presentación de ofertas xa está aberto e rematará o próximo martes 21 de xuño.

As solicitudes poderán formalizarse no Rexistro do Concello ou, preferentemente, a través da sede electrónica municipal: assomozas.sedelectronica.gal.

O contrato terá unha duración desde o 20 de xuño ata o 30 de setembro, incluíndo como período de apertura mínimo obrigatorio desde o 27 de xuño ata o 18 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os horarios de apertura serán, como mínimo, entre as 12 e as 22 horas durante todo o período.

Prego xestión cantina e anexos