O concello das Somozas porá á disposición da veciñanza un autobús adicional para visitar o alumeado de Nadal da cidade de Vigo, debido á alta demanda.

Este servizo, totalmente de balde, busca facilitar o traslado da poboación á cidade olívica nestas datas tan sinaladas.

O autobús sairá o 28 de decembro, ás 14:00 horas, desde o Centro Cívico Sociocultural. O regreso está programado sobre ás 22:30 horas do mesmo día, aproximadamente.

As prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse antes do xoves, 26 de decembro, no Centro Cívico Sociocultural das Somozas.