O vindeiro 2 de xuño, a Casa Consistorial acollerá un obradoiro de solo pélvico organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Esta sesión formativa será impartida por Cristina Vázquez Pérez, matrona da área sanitaria de Ferrol, e desenvolverase en horario de tarde, dende as 16:00 ata as 19:30 horas.
A actividade ten como obxectivos principais mellorar a información e a comprensión sobre os cambios evolutivos na muller, así como ofrecer pautas fundamentais para previr enfermidades propias do colectivo feminino. Para o desenvolvemento das dinámicas, as persoas participantes deberán levar unha esterilla coa que poder realizar os exercicios prácticos previstos durante a xornada.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 1 de xuño. A inscrición pode formalizarse de xeito telemático a través desta ligazón ou de xeito telefónico contactando co departamento de Servizos Sociais.nos teléfonos 881 042 066 e 981 404 101 (EXT 2). As prazas son limitadas.