No marco das celebracións do mes das Letras Galegas, a Axencia de Lectura das Somozas acolle o vindeiro venres 22 de maio unha actividade moi especial. Trátase dun obradoiro de ‘Lettering con Begoña Caamaño’ e dirixido por Velaísca, unha proposta artística que forma parte do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
A actividade desenvolverase en horario de 18:00 a 19:30 horas e está pensada para espertar a creatividade do público cunha idade mínima recomendada a partir dos 6 anos.
Dado que as prazas son limitadas a un máximo de 20 persoas, será preciso realizar a inscrición previa para poder asistir. As persoas interesadas poden reservar praza de xeito presencial na propia Axencia de Lectura no seu horario habitual, de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Tamén é posible inscribirse de xeito remoto cubrindo o formulario de inscrición en liña, chamando ao teléfono 881 04 84 66, ou enviando un correo ao enderezo [email protected].