Este verán , ler ao sol será máis fácil grazas á nova formación organizada pola Deputación da Coruña para este mércores, 10 de xuño. Trátase dun obradoiro práctico deseñado para aprender a utilizar eBiblio, a plataforma de Biblioteca Dixital da Deputación a travs da que se pode acceder a miles de libros gratuítos dende calquera lugar.
A formación estará impartida por dous expertos na materia, María Lema e Gumersindo Doval. A sesión desenvolverase en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas, nas instalacións da Axencia de Lectura das Somozas. É unha actividade enfocada a un público maior de 14 anos que desexe dixitalizar os seus hábitos de lectura de xeito sinxelo.
É un requisito imprescindible que cada persoa asistente traia o seu propio teléfono móbil ou tablet. Deste xeito, poderase configurar a aplicación en directo e resolver as dúbidas que xurdan cos dispositivos persoais.
As prazas son limitadas polo que se recomenda realizar unha reserva de praza a través desta ligazón.
Máis información presencialmente na propia Axencia de Lectura, chamando ao teléfono 881 048 466, ou enviando un correo electrónico a [email protected].