A Inspección Técnica de Vehículos desprazarase ata o noso municipio para levar a cabo  este tipo de exames a vehículos agrícolas. Así pois, estarán o día 1 de decembro, xoves, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 ata as 18.30 horas.

O lugar onde se levarán a cabo as inspeccións será na Urbanización Os Carballos e para acudir é necesario solicitar cita previa no 902 309 000 ou na páxina web www.sycitv.com