O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas abrirá, a partir do 12 de maio, en xornada de portas abertas todos os venres, en horario de 16.00 a 19.00 h, para dar a coñecer este espazo didáctico que mostra como se vivía nas aldeas e con que se levaban a cabo as labores do campo na nosa contorna. Así mesmo, realizarase visitas concertadas para os colexios ou asociacións que así o soliciten.

O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas, moito antes de que se iniciase a súa industrialización.

Os aparellos, mobles e útiles teñen indicacións sobre o seu uso y tamén o nome da persoa, familia ou entidade responsable da súa doazón.

O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo.

A situación deste lugar das Somozas, conectado polo vial do polígono industria e cunha pista de acceso, permite a chegada ata a zona de autocares, o que converte a este proxecto nunha proposta atractiva para ofrecer a centros educativos e un punto de destino para os visitantes.

O alcalde das Somozas, Juan Antonio Tembrás, explicou que “este novo enclave didáctico é unha completa aula da natureza na que se potencian as labores do campo como a malla, a reparación dos aperos de labranza ou se dan a coñecer, a rapazada e adultos, as técnicas de agricultura e gandeiría que se levan realizando durante décadas e que son símbolo da nosa terra”.