Mañá, sábado 24 de agosto, volve o Rally de Ferrol ao Concello das Somozas na súa 55 edición.
Esta popular proba, que clasifica para o Campionato Galego de Rally, e que conta cun total de 146 equipos inscritos, pasará polo noso municipio no seu cuarto e quinto tramo.
O primeiro terá lugar entre San Sadurniño e As Somozas, con saída programada para as 19:47 horas desde Igrexafeita, e o segundo fará un percorrido de 10,61 quilómetros ao longo do concello, e que comezará, se non hai retrasos, ás 20:20 horas en A Barreira.