O Concello das Somozas súmase á declaración institucional da FEGAMP polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Hoxe, 25 de novembro, alzamos a voz para condenar todo tipo de violencia de xénero e dar apoio ás vítimas.
Aquí podedes ler o manifesto en memoria das tres irmás activistas da República Dominicana, asasinadas e un do motivo desta data internacional.
A declaración institucional do 25N foi aprobada por unanimidade polos membros asistentes ao pleno na sesión ordinaria do pleno da corporación o 29 de outubro de 2025.


