Este venres, 16 de xaneiro, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas convertirase nunha sala de cine ás 20:00 horas para reproducir a película ‘Wonka’.
Baseada no personaxe Willy Wonka da obra ‘Charlie e a fábrica de chocolate’, conta a historia de como foi a xuventude do chocolateiro e como coñeceu a un Oompa-Loompa nunha das súas primeiras aventuras.
A película vai dirixida a todos os públicos e está enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.