A DEPUTACIÓN DA CORUÑA amplía os prazos dos procedementos tributarios e apraza o inicio da campaña do imposto sobre vehículos, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cós servizos de xestión e recaudación tributaria da Deputación.

A XUNTA DE GALICIA ven de comunicarnos que queda en suspenso o prazo de presentación das revisións anuais das pensións non contributivas ata próximo aviso.

POLICÍA NACIONAL recorda que quedan anuladas as citas para a expedición e renovación do DNI.

O CONSELLO DE MINISTROS acordou prorrogar durante un ano a validez do DNI naqueles casos no que caduquen durante o Estado do Alarma para facer fronte á expansión do Covid-19.