O Concello das Somozas conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, adheríndose á campaña ‘De Fronte’ da Deputación da Coruña con diversas actividades.
Realizarase a lectura dun manifesto da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias). Ademais, tanto no Concello coma no Centro Cívico haberá un punto con diverso material relacionado co 25N.
No servizo de axencia de lectura xa está preparado un espazo con diversos libros sobre esta temático e no taller de memoria recibirán a visita do persoal e persoas usuarias da Casa do Maior para a elaboración conxunta dun mural para conmemorar esta data.
Por último, proximamente se anunciará o prazo para a inscrición do ‘Curso de defensa persoal feminista’, impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal.