O Concello das Somozas acondiciona o campo anexo á praza da igrexa de Recemel para uso veciñal.

O terreo, cedido de xeito provisional por un particular, nivelouse e acondicionouse para realizar un uso municipal e facilitar tanto o acceso como a posible instalación de palcos, orquestras ou outros elementos durante festividades ou actos.

Así, a parcela xa foi empregada como aparcamento e zona de estacionamento de camións durante as pasadas festas de Recemel.

O alcalde, Juan Alonso, subliña “con esta actuación gañamos unha zona moi valiosa e que podemos empregar con diferentes usos, como aparcamento, zona de xiro de camións ou incluso instalacións de palcos ou orquestras durante actividades festivas o outros actos”.