O Centro Cívico das Somozas será a sede da xornada “Presentación de las Ayudas en el Marco de Transición Justa”, organizada pola Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, COFER, en colaboración co Instituto para la Transición Justa del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a Asociación de Empresarios das Somozas e o Concello das Somozas.

O acto, que terá aforo limitado, terá lugar o vindeiro xoves, 30 de marzo, en horario de 11:30 a 12:30 horas e as persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono 981 333 322 ou a través do enderezo electrónico [email protected]

A citada xornada, dirixida a empresas e autónomos, versará sobre as bases de subvencións que promoven a xeración de novas actividades e a diversificación económica mediante el apoio a novas iniciativas empresariais ou proxectos de inversión que xeren o manteñan emprego en zonas afectadas polo peche das centrais térmicas de carbón, dentro dos municipios en transición, no caso en Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Muras, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Vilalba e Xermade.

Na conferencia estará presente o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, que aproveitou o anuncio para destacar “o apoio deste Concello a todo tipo de iniciativas que axuden na diversificación económica e sirvan de apoio e impulso da nosa industria e fomenten a xeración de novos postos de traballo”.