O vindeiro sábado, 1 de febreiro, a Escola de Seixas acollerá unha marabillosa noite de cine.
Durante a sesión, que dará comezo ás 19:00 horas, visionaremos un filme apto para todos os públicos. Ademais, as persoas asistentes poderán desfrutar de palomitas e bebidas varias.
A entrada será gratuíta para as persoas socias da Asociación de Veciños de Santa María de Seixas, e de 2 euros para as non socias.
Para participar será necesario inscribirse, antes do 27 de xaneiro, no teléfono 619 878 222.
Actividade organizada pola Asociación de Veciños de Santa María de Seixas en colaboración co Concello de As Somozas.