O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acolle este 14 de febreiro a actuación ‘Música de Sofá’, a partir das 20:00 horas.

A idea do concerto é simple: Dúas voces, (Lucía Alonso e Jacobo Cano) e unha guitarra.

Dos Panchos a Marisol, pasando pola canción francesa, italiana ou algunha chiscadela ao folclore suramericano, pop e ritmos cubanos.
Esa é a proposta: temazos inmortais de toda a vida, interpretados con moita sinxeleza, paixón e respecto.

Público adulto.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).