A Axencia de Lectura das Somozas acolle unha mostra bibliográfica de Castelao.
Estará disponible de luns a venres, en horario de 16:00 a 20:00 h (10:00 a 14:00 h no verán), no Centro Cívico Sociocultural.
Ademais, a mostra conta cunha guía de lectura que recolle o decreto que declara ben de interese cultural a obra do autor galego, así como todos os títulos que creou, a súa presencia nas redes e museos de Galicia e súa voz. Ademais, hai dispoñible marcapáxinas cos títulos das obras e un caderno de prensa que recolle todas as noticias que saen en prensa sobre a súa figura e a súa obra artística, literaria e política.
Como novidade,  a mostra bibliográfica tamén conta cun estudo sobre a obra de Castelao de diferente autores como Miguel Anxo Fernández Seixas, Manuel Rosales e María Cuquejo publicado pola editorial Galaxia no ano 2000. Tamén está dispoñible a biografía ‘Castelao construtor da nación’ de Miguel Anxo Fernández Seixas, publicada por Galaxia en 2019.