Recentemente realizouse a mellora do acondicionamento acústico do salón de actos do Centro Cívico Sociocultural, a través da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, xunto a membros do goberno local, recibiron hoxe á delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, para visitar o recinto e comprobar o resultado dos traballos de acondicionamento acústico do salón de actos.

Concretamente, o Concello acometeu a instalación de diversos paneis a base de pranchas de fibra de PET, colgados de paredes e teito coa finalidade de reducir de maneira notable os niveis de reverberación que sofren as instalacións desde a súa inauguración, especialmente nos actos con pouco público. A achega autonómica para a acometida desta intervención ascendeu a 8.000 euros.