O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro 4 de agosto a actividade ‘Magia en la manga, La igualdad no tiene truco’, a partir das 20.30 horas.

A igualdade non ten truco é un espectáculo de maxia que busca promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).