Xa están dispoñibles as novas actividades ‘Letras na Primaveira’ da Axencia de Lectura municipal para os meses de abril e maio:

 

  • XOVES 25 DE ABRIL 

Vero Rilo “e a ti…que che contaban?”

É un espectáculo de narración oral para público familiar: contos xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto…Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.

 

 

  • MARTES 7 DE MAIO 

Marta Ortiz “casa, casiña, casona”

Espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, para descubrirmos o mundo orgullosos/as de quen somos.

  • LUNS 13 DE MAIO 

Carmen Domech e Olga Abad “Luisa Villalta e o violino do vento”

Espectáculo infantil. Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria. Nesta biografía ilustrada, mergullamos nalgunhas das palabras e das músicas que ela ceibou ao vento para achegarnos a unha muller tan polifacetica como fascinante.

 

Todas as actividades terán lugar no Centro Cívico Sociocultural das Somozas, ás 10:00 horas.

Máis información en [email protected] ou chamando ao 881 048 466.