No mes de marzo, unha unidade móbil visitará As Somozas para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

Situarase na urbanización O Carballo e estará o venres, 8 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas e o 11 e 12 de marzo, en horario de 9.00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 horas.

Cita previa no 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com.

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.