O días 3, 4 e 5 de marzo unha unidade móbil visitará As Somozas para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.
Situarase na urbanización O Carballo e estará o 3 de marzo, en horario de 9:00 a 13:00 horas e o 4 e 5 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.
Cita previa no 981 92 80 80 ou a través da web www.sycitv.com.
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Descarga o bando aquí.