A propostas gastronómica de ‘Galicia sabe Amar’ chegará a As Somozas o vindeiro venres, 22 de novembro.
A foodtruck estacionará no CEIP O Marbán en horario de 12:00 a 13:30 horas; e na praza do Concello de 18:00 a 21:00 horas.
Alí, as persoas asistentes poderán saborear unha degustación de petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Con esta proposta tamén se desexa amosar a calidade dos produtos galegos, así como poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen ao subministro destes alimentos de primeiro nivel.
Actividade organizada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea.